Nereida (lúa)
Imaxe de Nereida tomada pola Voyager 2. | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Gerard P. Kuiper[1] |
Descuberta en | 1 de maio do 1949 |
Características orbitais | |
periapse | 1.372.000 kms (0,00917 UA) |
apoapse | 9.655.000 kms (0,06454 UA) |
Eixo semi-maior | 5.513.787 kms (0,03685 UA) |
Excentricidade | 0,7507 (Época 2000)[2] |
Período orbital | 360,1362 d |
Velocidade orbital media | 934 m/s |
Inclinación | 7,090° respecto do plano local de Laplace (Época 2000)[2] 32,55° respecto do ecuador de Neptuno |
é satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Radio medio | 170 ± 25 kms[3] |
Masa | 3,1 x 1019 kg (asumida)[3] |
Densidade media | 1,5 g/cm3 (asumido)[3] |
Período de rotación | 0,48 d (11 h 31 min)[4] |
Albedo | 0,155[3] |
Temperatura superficial | ~50 K de media (estimada) |
Nereida (en grego Νηρηΐδα), tamén coñecido coma Neptuno II, é a terceira lúa máis grande de Neptuno. Unha das súas características máis rechamantes é a súa grande excentricidade orbital. Nereida foi descuberta por Gerard P. Kuiper no ano 1949.
Descubrimento e Bautizo
[editar | editar a fonte]Nereida foi descuberta o 1 de maio de 1949 por Gerard P. Kuiper, en placas fotográficas tomadas co telescopio de 82 polgadas do Observatorio McDonald. Propuxo o nome no informe do anuncio do seu descubrimento e máis tarde recibiría nome das Nereidas, as ninfas do mar na mitoloxía grega e asistentas do deus Neptuno.[1] Foi a última lúa en ser descuberta antes da chegadas da sonda Voyager 2, a cal descubriría varias lúas máis.[5]
Órbita e Rotación
[editar | editar a fonte]A órbita de Nereida é de movemento directo [6] a unha distancia media de 5.513.400 kms, pero a súa grande excentricidade de 0,7507 fai que o punto máis próximo (periapse) ó seu planeta quede situado a 1.372.000 kms e o máis afastado (apoapse) quede a 9.655.000 kms.
Esta peculiar órbita suxire que esta lúa podería se-la captura dun asteroide ou dun obxecto procedente do cinto de Kuiper, ou que a órbita desta lúa foi perturbada durante a captura da lúa máis grande de Neptuno, Tritón.
O período de rotación de Nereida foi determinado pola análise da súa curva de luz, sendo este período de 11,52±0,14 horas.[4]
Características físicas
[editar | editar a fonte]Nereida é o terceiro satélite máis grande de Neptuno cun radio medio de 170 kms.[3] Probablemente a lúa irregular máis grande do noso Sistema Solar.[4]
O espectro de Nereida é de cor gris[6] é foi detectado xeo de auga na súa superficie.[7] O seu espectro amósase coma algo intermedio entre os espectros das lúas de Urano Titania e Umbriel, o cal suxire que a superficie de Nereida é unha mestura entre xeo de auga e algún material espectralmente neutro .[7] O espectro de Nereida é considerablemente diferente dos espectros de planetas menores coma Pholus, Quirón e 1997CU26, suxerindo que hai moitas máis posibilidades de que Nereida se formase ó redor de Neptuno, en decrecemento das posibilidades de que sexa un corpo capturado.[7]
A lúa Halímede podería ser un fragmento arrincado de Nereida por mor evento de colisión.[8]
Exploración
[editar | editar a fonte]A única sonda que visitou Nereida foi a Voyager 2, a cal pasou preto de Nereida, a unha distancia de 4.700.000 kms[9] entre o 20 de abril e o 19 de agosto de 1989.[10] A Voyager 2 obtivo 83 imaxes da lúa cunha precisión entre 70 a 800 kms.[10] Antes da chegada da Voyager 2, as observacións de Nereida estiveron limitadas ós telescopios terrestres que só puideron establece-lo brillo intrínseco de Nereida e os seus elementos orbitais.[11] Aínda que as imaxes obtidas pola sonda espacial non tiñan resolución de abondo para distingui-las características superficiais da lúa, a Voyager 2 puido establecer que o albedo da lúa é máis grande en comparación con outros satélites pequenos de Neptuno e que posiblemente a lúa sexa de cor gris.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gerard P. Kuiper (1949). "The second satellite of Neptune". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 61: 175–176. doi:10.1086/126166.
- ↑ 2,0 2,1 JPL (Solar System Dynamics), ed. (30-03-2009). "Jacobson, R.A. (2009)". Consultado o 31-03-2009.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 JPL (Solar System Dynamics), ed. (13-07-2006). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 24-01-2008.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 T. Grav; M. Holman, J. J. Kavelaars (2003). "The Short Rotation Period of Nereid". The Astrophysical Journal 591: 71–74. doi:10.1086/377067.
- ↑ NASA (ed.). "Neptune: Moons: Nereid". Arquivado dende o orixinal o 26-08-2009. Consultado o 08-11-2009.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 McFadden, Lucy Ann Adams; Weissman, Robert Paul; Johnson, Torrence V. Encyclopedia of the Solar System. pp. 381–382.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Brown; Michael E.; Koresko, Christopher D.; Blake, Geoffrey A. (12/1998). "Detection of Water Ice on Nereid". The Astrophysical Journal 508 (2): L175–L176. doi:10.1086/311741. Consultado o 08-11-2009.
- ↑ Grav, T., M. J. Holman and W. Fraser, Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune, The Astrophysical Journal, 613 (2004), pp. L77–L80. Preprint
- ↑ Jones; Brian (1991). W.H. Smith, ed. Exploring the Planets. Italia. pp. 59. ISBN 0-8317-6975-0.
- ↑ 10,0 10,1 Jacobson; R. A. (11/91). "Triton and Nereid astrographic observations from Voyager 2" (PDF). Astronomy and Astrophysics Supplement Series 90 (3): 541–563. Consultado o 08-11-2009.
- ↑ NASA, ed. (29-01-1996). "PIA00054: Nereid". Consultado o 08-11-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Transit of the Sun on 2006-Mar-28 as seen from Neptune (en inglés)